O entroido da Lama substitúe as comparsas polas murgas
Por Redacción
As murgas tomarán este venres a partir das 20:30 horas a Alameda da Lama en substitución das comparsas que forman parte do entroido da Lama.
A Murga do Naveiro, Os do Val do Lérez e Equipo Ja serán as encargadas de poñer a nota musical e de humor no carnaval lamense que volverá a homenaxear ao Conde Cabanelas, emigrante de Covelo promotor da saída á rúa do mítico Carnaval de Río de Janeiro, na entrega de premios aos mellores disfraces individuais, infantil, parellas e grupos.
Ante a imposibilidade de poder contar este ano con comparsas, o Concello da Lama modificou o seu formato habitual de entroido. Así, a festa deste venres 4 de marzo arrancará a partir das 18 horas co entroido infantil amenizado polo grupo Os Ilusionistas, de Ponte Caldelas que dinamizará a tarde con xogos, cancións e actividades.
A partir das 20:30 horas terá lugar o Festival de murgas protagonizado pola Murga do Naveiro, Os do Val do Lérez e Equipo Ja, grupos moi coñecidos e habituais do entroido pontevedrés.
Despois da intervención das murgas, as persoas que se acheguen ata a Alameda da Lama poderán degustar unha gran chocolatada con churros gratuíta e participar no Baile de Entroido amenizado polo dúo Prisma que será o encargando de animar aos asistentes e de dinamizar o concurso de disfraces individual, de parella e de grupos.
Relacionadas:
-
Música e disfraces para animar a festa infantil de Entroido na Lama
Por Redacción |
-
Salcedo organiza o seu propio festival de murgas
Por Oskar Viéitez |
-
O Burla Negra tamén piratea de día e con tempo desapracible
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Luns Choqueiro, martes de Entroidiños e mércores de loito polo Enterro da Sardiña
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Santa Clara e o Benidorm Fest triunfan no divertido regreso do Concurso de Murgas
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tres doses da vacina para un Ravachol que non quere perder "nin un Entroido máis"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |