O BNG leva o acordo entre Xunta e Elnosa ao Parlamento
Por Oskar Viéitez
O BNG leva o recente acordo asinado pola Consellería de Medio e Elnosa ao Parlamento de Galicia onde presentará unha serie de iniciativas:
- Unha proposición non de lei que solicita a non renovación da Autorización Ambiental Integrada a Elnosa e que se garanta o seu peche en xaneiro de 2014
- Preguntas sobre os motivos polos que a Xunta rectifica o seu propio acordo que establecía xaneiro de 2014 como data límite para a súa permanencia na ría de Pontevedra
- Unha solicitude de copia da documentación do protocolo de colaboración asinado con Elnosa o pasado 30 de outubro
Segundo os nacionalistas estas iniciativas pretenden arrancar á Xunta o compromiso de que "obvie" o devandito pacto e cumpra cos termos da prórroga da autorización ambiental integrada da clorera de decembro de 2011 que poñía fin á actividade da planta de Lourizán o 7 de xaneiro de 2014.