As cociñeiras dos comedores escolares serán homenaxeadas polo Día da Muller
Por Redacción
As cociñeiras dos centros educativos da comarca do Verdugo-Oitavén serán homenaxeadas polo Día da Muller, que se celebra o 8 de Marzo.
Será no salón de plenos do Concello da Lama nun acto de recoñecemento público promovido pola Asociación de Mulleres en Igualdade.
Ademáis, o Concello da Lama a través do seu Centro de Información á Muller (CIM) conmemorará esta data cunha serie de actividades reivindicativas e varios obradoiros sobre igualdade e contra os estereotipos de xénero que durante a próxima semana se impartirán no CEIP da Lama.
Desenvolveranse catro talleres dirixidos ao alumnado de primeiro a sexto de educación Primaria.