Música e disfraces para animar a festa infantil de Entroido na Lama
Por Redacción
Numerosas familias achegáronse á Alameda da Lama para participar na festa de Entroido coa que o municipio quixo celebrar esta festividade por todo o alto. O grupo Os Ilusionistas foi o encargado de amenizar o evento.
Ademais de cantar e bailar numerosas cancións de todos coñecidas, Os Ilusionistas animou aos cativos a subir ao escenario e participar activamente dun entroido moi divertido.
Todos eles contribuíron a recuperar o colorido do Entroido da vila, tras as restricións da pandemia, que impediron celebrar a festa o ano pasado.
O día grande do Entroido da Lama continuou, tras esta festa infantil, coa actuación das murgas de Pontevedra, o baile de disfraces a cargo do dúo Prisma e unha gran chocolatada con churros gratuíta ofrecida polo Concello a todos os asistentes.