8M | Estes son os horarios, actos e principais marchas organizadas polo Día da Muller
Por Redacción
Os concellos pontevedreses énchense de actos cos que conmemorar o 8M, día internacional da muller e seguir reivindicando a igualdade.
GALEGAS 8M
Por quinto ano consecutivo, desde Galegas 8M seguen a apostar por "un feminismo galego, diverso, inclusivo e horizontal". Este ano, o día 8 de marzo, tomarán novamente as rúas e tintarán Galicia de lila baixo o lema "Nin escravas, nin heroínas, MULLERES CON DEREITOS XA", visibilizando as agresións e necesidades das mulleres galegas.
Entre as manifestacións programadas, na cidade de Pontevedra será ás 20.00 horas, na praza do Hospital Provincial. En Vilaboa, sairá ás 18 horas desde o Concello; en Vilagarcía de Arousa, a convocatoria é ás 20.30 horas desde a Praza de Galicia. Tamén están convocadas manifestacións do sindicato CIG ás 12.00 horas que partirán en Pontevedra da praza da Ferrería e en Vilagarcía de Arousa da Praza de Galicia.
POIO, MARÍN, SANXENXO E VILABOA
En Marín o día 8M será o acto institucional ás 12.30 horas no salón de plenos do Concello, no que se lerá o manifesto decidido no seo do Consello Municipal da Muller. En Poio, ás 12.00 procederase a dar lectura de manifesto ás portas da casa consistorial. Tamén en Vilaboa será ás 12 diante do Concello.
Pola súa banda, en Sanxenxo, a tenente alcalde, María Deza, acompañada das concelleiras Paz Lago, Flavia Besada, Paula Martínez e o edil de Servizos Sociais, Daniel Arosa, presentan o novo sinal “Sanxenxo libre de violencias machistas” no marco do Día Internacional da Muller. Será ás 12 horas, na entrada a Rúa Rafael Picó en Portonovo.
PONTE CALDELAS, A LAMA E CERDEDO-COTOBADE
A Asociación de Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, a Lama e Ponte Caldelas fará unha homenaxe ás cociñeiras dos colexios. Haberá un acto aberto a toda a veciñanza que terá lugar mañá ás 11 horas da mañá no recén inaugurado Centro Cultural “Antonio Fraguas”, na Chan de Carballedo. Na Lama o acto será no salón de plenos do Concello, a partir das 9:30 horas da mañá.
O Concello de Ponte Caldelas tamén organizou o acto ‘Verbas de muller’ no que reunirá a cinco mulleres do municipio que contarán a súa experiencia como traballadoras á fronte dun negocio. Celebrarase a partir das 20.30 horas na Casa da Cultura.
CALDAS DE REIS E CUNTIS
En Cuntis darase lectura a un manifesto ás 12 horas diante do Concello. En Caldas celebrarase o acto central do 8M a partir das 11 horas coa creación dun mural interactivo no Centro Comarcal e coa lectura de historias de vida de mulleres que ao longo da historia fixeron grandes aportacións á sociedade co obxectivo de visibilizalas, acto que continuará pola tarde na Escola Municipal de Música.
MOVILIZACIONES DE LA CIG
Tamén este 8 de marzo, a CIG sairá á rúa con 20 movilizacións en toda a comunidade "para sinalar a responsabilidade directa dos gobernos no mantemento das desigualdades e a precariedade que padecemos as mulleres". As mobilizacións serán ás 12. En Pontevedra con saída desde a Praza da Ferrería. En Vilagarcía desde a Praza de Galicia. En Cambados será unha concentración na Praza do Concello, igual que no Grove.
Relacionadas:
-
8M | A CIG berra contra a desigualdade e precariedade das mulleres
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
8M | Cerdedo-Cotobade homenaxea ás cociñeiras dos comedores escolares do municipio
Por Redacción |
-
8M | Os colexios pontevedreses tamén reivindican a igualdade no Día da Muller
Por Redacción |
-
Quince 'Mulleres da Vila' para visibilizar e homenaxear as emprendedoras de Pontevedra
Por Redacción |
-
'Mulleres': un ciclo de cine feminista solidario coas persoas refuxiadas de Ucraína
Por Raquel Currás Martínez |
-
Precariedade laboral das coidadoras, trata de mulleres e educación contra a violencia machista, tres retos para o 8M en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
A Deputación reivindica a axenda da paridade e a abolición da prostitución como "cuestións irrenunciables"
Por Oskar Viéitez |