Homenaxe ás praceiras "que enchen de vida" o Mercado de Pontevedra
Por Redacción
Na semana máis intensa de actos conmemorativos e reivindicativos ao redor do 8M, Día Internacional da Muller, as concellerías de Igualdade e de Promoción Económica quixeron homenaxear "ás mulleres que enchen de vida cada día o mercado de abastos de Pontevedra".
Un recoñecemento plasmado nun vídeo no que, baixo o hashtag #8Mmulleresdapraza, os departamentos que dirixe a socialista Yoya Blanco danlle voz ás praceiras, nais, fillas, compañeiras, clientas "e por enriba de todo, traballadoras imprescindibles ás que os pontevedreses lles debemos tantísimo".
A concelleira de Igualdade e de Promoción Económica quixo agradecerlles dun xeito moi especial "a Eva, María, Loly, Ana Belén, Manoli, Pilar, Montse, Lorena e Clara por contarnos o duro que é o traballo dunha praceira, o difícil que é concilialo co labor de nai e o amor incondicional que senten polo que fan: traer ás nosas mesas os mellores produtos frescos do mundo".
"Unha actividade esencial pola quero darlles as grazas a todas as praceiras, que nos dan sempre o mellor de si mesmas", asegura Yoya Blanco.
Relacionadas:
-
O espazo 'Gastro' do Mercado celebra San Patricio con menús especiais, música e moita cervexa
Por Oskar Viéitez |
-
Un xogo de mesa para educar en Igualdade e saber máis de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |
-
8M | As mulleres toman as rúas de Pontevedra baixo o lema "Nin escravas, nin heroínas, mulleres con dereitos xa"
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
8M | A CIG berra contra a desigualdade e precariedade das mulleres
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
8M | "Aínda quedan moitos teitos de cristal para romper"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
8M | Reclaman desde Pontevedra "o máis xusto do mundo": os dereitos das mulleres
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |