Os alumnos de Restauración recuperan o esplendor da igrexa de Santa María de Oia
Por Oskar Viéitez
Aos alumnos da Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra puxéronlles deberes. A Asociación Cultural Amigos do Mosteiro (ACAMO) encargoulles aos traballos de recuperación de tres tallas de madeira pertencentes á igrexa parroquial de Santa María de Oia.
As tallas anteriores a 1835 trasladaranse ao centro, son un San Bieito, un anxo con trompeta e un santo da Orde do Císter (identificado polo seu manto branco).
ACAMO subscribiu un convenio coa Escola de Restauración de Pontevedra. Esta asociación altruísta ten uns recursos económicos moi limitados achegados por veciños e comuneros polo que solicitou axuda á Deputación de Pontevedra para abordar unha cuarta peza, unha talla de San Antonio.
A súa actuación máis ambiciosa está pendente de financiamento, trátase do retablo de San Xosé, de inicios do século XVIII. A Escola xa fixo un estudo previo do seu estado, e deu os primeiros pasos para frear a súa deterioración.