Inspección de Traballo cita á empresa e comité de ambulancias Transa
Por Oskar Viéitez
A Inspección de Traballo citou para o luns, ás nove da mañá, á dirección da empresa de ambulancias Transa (Transportes Sanitarios de Pontevedra Norte S.A.), e ao comité de traballadores.
O equipo das bases de Bueu, Marín e Pontevedra, espera que esa cita sexa para asinar o laudo co cómputo de horas de traballo e presenza e os expedientes a 17 condutores por suposta falta de control e mantemento dos vehículos.
O mediador e xefe da Inspección de Traballo en Vigo, José María Casas de Ron, conseguiu o pasado día 31 de outubro un principio de acordo que levou as traballadores a desconvocar a folga prevista a partir do 1 de novembro.
Aquel acordo incluía que o laudo tiña que estar preparado antes do día 5 de novembro debido a que a partir do día 6 os expedientes de sanción de 45 días de emprego e soldo aos 17 condutores empezarían a facerse efectivos.
O laudo non chegou pero as sancións tampouco se fixeron efectivas.
Relacionadas:
-
Os traballadores de ambulancias Transa prevén unha folga longa
Por Oskar Viéitez |
-
O laudo pecha o conflito laboral en dos traballadores de ambulancias de Transa
Por Redacción |
-
Os traballadores de Ambulancias Transa desconvocan a folga prevista para este venres 1 de novembro
Por Redacción |
-
O conflito laboral en ambulancias Transa deriva nunha convocatoria de folga a partires do venres 1
Por Anxo Lourido |