Poio axudará ao pobo ucraíno con parte dos Fondos de Emerxencia Social
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio utilizará parte dos Fondos de Emerxencia Social para realizar unha achega directa a Acnur para axudar ao pobo de Ucraína.
A concelleira de Servizos Sociais, Rosa Fernández, indicou que "estamos realizando as xestións para completar a tramitación, que tamén ten que recibir o visto bo do Pleno".
Xa houbo familias que se puxeron en contacto con Servizos Sociais para acoller a persoas refuxiadas.
O departamento de Servizos Sociais vén de repartir polos centros educativos do municipio folletos informativos sobre as actuacións que se están a desenvolver desde o Concello de Poio para axudar ao pobo ucraíno. Tamén se entregaron carteis á Asociación Empresarial EnPoio, para que se empracen nos establecementos asociados.
A través deste material informativo faise fincapé na recomendación da Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP) de que non se faga acopio de alimentos, mantas ou materiais de primeira necesidade.
Relacionadas:
-
Axuda de máis de 5.000 euros ao pobo ucraíno desde Poio
Por Redacción |
-
Chamamento á prudencia para dirixir por canles oficiais toda a información de chegadas de persoas desde Ucraína
Por Oskar Viéitez |
-
Inicio dunha campaña de axuda a Ucraína do Rotary Club de Pontevedra
Por Redacción |
-
Integrantes de AJUPOL doan alimentos para a poboación ucraína
Por Redacción |
-
A Asociación contra o Cancro solicita axuda de personas que falen ucraíno para atender os refuxiados enfermos
Por Redacción |