A Asociación contra o Cancro solicita axuda de personas que falen ucraíno para atender os refuxiados enfermos
Por Redacción
Os primeiros nenos refuxiados enfermos con cancro procedentes de Ucraína xa chegaron a España e a Asociación Española contra o Cancro (AECC) anuncia que xa puxo ao dispor das autoridades sanitarias e outras entidades sociais servizos de voluntariado, equipo de atención psicosocial, aloxamento de urxencia, contribucións económicas para sufragar aloxamento e manutención; e o espazo na sede de Madrid da asociación para reunificación familiar.
Ao mesmo tempo, desde a AECC, indican que para os nenos con cancro que cheguen a outras cidades se proporcionará voluntariado de fala ucraína, aloxamento alternativo en hotel próximo ao hospital, axudas económicas para cubrir necesidades básicas, desprazamentos, medicación, pre´ stamo de material ortopédico, servizos de atención a domilicio ou ao aloxamento alternativo se hai perdas na autonomía persoal, entre outros servizos.
Ademais, desde a Asociación faise unha petición á sociedade civil coa intención de captar persoas voluntarias que falen ucraíno para dar servizo de acollida necesario para estes refuxiados con cancro que cheguen a territorio español durante as próximas semanas. As persoas que queiran colaborar poderán poñerse en contacto coa AECC a través do teléfono 900.100.036.
Desde a dirección entenden que á situación crítica que á incerteza e medo pola guerra que sofre a poboación en Ucraína, súmanse os problemas que provoca esta enfermidade e terminan sufrindo as consecuencias físicas e psicolóxicas que causa un conflito bélico. Por este motivo, desde a AECC lémbrase que están preparados para ofrecer toda a súa axuda a estas persoas refuxiadas, con recursos materiais e humanos, en coordinación co Ministerio de Sanidade.
Relacionadas:
-
Maica Larriba destaca o "extraordinario labor" da AECC en Pontevedra
Por Redacción |
-
Presentan a Unidade de Exercicio Físico Oncolóxico como novo servizo gratuíto na AECC de Pontevedra
Por Redacción |
-
Un día para insistir na importancia da detección precoz do cancro colorrectal
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Repasamos a Historia para ver con perspectiva a guerra aberta en Ucraína
Por Marisa Ciordia |
-
Chamamento á prudencia para dirixir por canles oficiais toda a información de chegadas de persoas desde Ucraína
Por Oskar Viéitez |
-
Inicio dunha campaña de axuda a Ucraína do Rotary Club de Pontevedra
Por Redacción |
-
Integrantes de AJUPOL doan alimentos para a poboación ucraína
Por Redacción |
-
Poio axudará ao pobo ucraíno con parte dos Fondos de Emerxencia Social
Por Oskar Viéitez |
-
Preparado un camión con axuda humanitaria para unha viaxe directa da Lama ata Ucraína
Por Redacción |
-
Ucraína estará presente na Semana Galega de Filosofía a través das "contrahexemonías" e o pensamento único
Por Mónica Patxot & María José Pita |