As festas de San Gregorio de Raxó vencen o mal tempo
Por Redacción
Raxó celebrou a pasada fin de semana as festas de San Gregorio que, a pesar do mal tempo, rexistrou unha elevada afluencia de público.
A verbena do sábado foi a que congregou o maior número de asistentes, cun cheo absoluto, para gozar da actuación da orquestra Os Satélites e o grupo Rever. Á misa e procesión do mesmo día tamén acudiron numerosas persoas, que gozaron dun acto amenizado pola banda de tambores de Vides Novas.
Durante a xornada do domingo a charanga Mil9 ambientou as rúas de Raxó, que despediu as súas festas cun espectáculo infantil por parte de Javi Solla con gran afluencia de nenos e familiares.
Desde a comisión de festas de Raxó, agradecen a colaboración de veciños, casas comerciais e administracións e xa están a traballar na programación da Festas da Saleta que, prometen, "chegarán con moitas sorpresas".