A sociedade marinense ofrece casa, educación, traballo e axuda humanitaria para os refuxiados de Ucraína
Por Redacción
A guerra en Ucraína está a ser unha crise humanitaria internacional. Son moitas as iniciativas individuais que están xurdindo e desde o Concello de Marín queren aportar o seu gran de area a través de catro iniciativas impulsadas polo Concello e nas que participa todo o tecido social da vila.
A primeira das accións pasa por crear un programa de Vivendas Baleiras a través da Oficina de Vivenda de Marín.Todas aquelas persoas particulares que queiran propoñer unha alternativa habitacional para acoller a refuxiados ucraínos, poderán poñerse en contacto coa Oficina de Vivenda de Marín no teléfono 986 89 04 88 ou no mail ari@concellodemarin.es, desde onde se coordinará todo o dispositivo.
Ademais, desde o Grupo SEI San Narciso deseñaron un programa de axuda a familias ucraínas desprazadas pola guerra. O programa contempla a acollida dunhas vinte familias para un total de entorno a 50 persoas. Ás familias se lles ofrecerá aloxamento (unha habitación con cuarto de baño por familia), manutención (almorzo-comida-cea), uniforme escolar, asignación económica mensual (en función da composición da unidade familiar), educación e a incorporación de mestres ucraínos para que continúen coa súa formación académica. Ao mesmo tempo ofrecerán tamén clases extraescolares para os menores e clases de español para as familias.
Desde o Colexio A Inmaculada, en colaboración coa Anpa Martín Herrera, a JMV (Juventudes Marianas Vicencianas) e o Concello de Marín, organizan unha actividade solidaria á que chaman "Quilómetros de Solidariedade". O obxectivo é facer partícipes a todos os centros escolares de Marín que o desexen. A actividade consistirá en recorrer simbolicamente con moedas os quilómetros que separan Marín de Ucraína.
A actividade desenvolverase, simultaneamente, o xoves 24 de marzo a partir das 10.30 horas na Alameda e no Parque Eguren. Os alumnos e demais persoas que se acheguen irán completando coas súas moedas eses 3.920 kilómetros que nos separan de Ucraína.
A cuarta iniciativa solidaria co pobo ucraíno está xa rematada e consistiu nunha campaña de recollida de material no que participaron os centros CEIP A Laxe, CEIP de Ardán y el CPR La Inmaculada.
Desde o Concello de Marín, comparten as recomendacións dadas para axudar ao pobo ucraíno de forma eficaz por parte da Xunta de Galicia e de numerosas institucións e oenegués como Fegamp, a Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, EDUCO, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz, El Desarme y la Libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Por unha banda, recoméndase canalizar a axuda da cidadanía a través de doazóns económicas mediante as diferentes Organizacións Non Gubernamentais (ONG) Humanitarias que traballan na zona, así como a través de organismos humanitarios especializados.
Relacionadas:
-
Chegan ao colexio San Narciso os primeiros refuxiados pola guerra en Ucraína
Por Manu Otero |
-
As caravanas solidarias do deporte pontevedrés
Por Manu Otero |
-
A Lama enche un segundo furgón de axuda humanitaria a Ucraína
Por Redacción |
-
RADIO.- Repasamos a Historia para ver con perspectiva a guerra aberta en Ucraína
Por Marisa Ciordia |
-
Mariñeiros ucraínos de escala en Marín: desexando volver "pola familia", pero "sen saber cando" poderán
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |