Ethel Vázquez empraza ao Concello de Poio a que elabore un proxecto para humanizar o tramo da PO-308 en San Salvador

Por Oskar Viéitez
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, emprazou ao Concello de Poio a que elabore o proxecto construtivo para humanizar o tramo da estrada PO-308 ao seu paso pola parroquia de San Salvador.
Afectaría as avenidas de Andurique, A Barca e Porteliña, "un tramo moito máis urbano, non interurbano", tal e como sinalou a conselleira.
No transcurso dun acto oficial en Poio, acompañada do alcalde Luciano Sobral e outros membros da corporación local, Ethel Vázquez precisou que a consellería está actuado en estradas "onde hai tramos de concentración de accidentes acreditados polos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas" e por tanto "onde realmente hai máis problemas diagnosticados e calculados".
Ese tramo de San Salvador é "moito máis urbano e o que procede son marcos de colaboración e acordos conxuntos", advertiu a conselleira.
Con todo, o goberno local de Poio entende que, como titular da vía, debe ser a administración autonómica a que se faga cargo do proxecto, mostrándose favorable a colaborar activamente e asumir parte do custo da obra.
Ethel Vázquez insistiu en que debe ser un "traballo conxunto, non pedirlle aos demais" e por tanto a consellería actuará "cando se teña un proxecto construtivo concreto de humanización por parte do Concello" e puntualizou que esta fórmula é a que "adoitamos facer co resto dos concellos" é dicir "que o propio concello identifique as súas necesidades, as súas ideas" con respecto á humanización que pretende levar a cabo.
"E logo un marco de colaboración cofinanciando", engadiu a titular do departamento de Infraestruturas da Xunta de Galicia. "Hai que traballar conxuntamente -insistiu- pero en calquera caso en base a un proxecto construtivo que na miña opinión ten que redactar o concello".
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, escoitou atento esta explicación da conselleira e reaccionou dicindo que "collemos o recado".
Relacionadas:
-
Anuncian melloras na rede de saneamento na PO-308 en Porteliña
Por Redacción |
-
O proxecto de mellora da PO-308 será presentado "nas próximas datas"
Por Redacción |
-
Un falecido en Poio tras bater un camión contra un ciclomotor no que ía xunto a súa muller, que está ferida grave
Por Alejandro Espiño |
-
Luciano Sobral solicita unha reunión coa Xunta para falar da mellora da PO-308 no núcleo de San Salvador
Por Redacción |
-
O BNG acusa á Xunta de "discriminar" a Poio e o PSOE fala de "sectarismo"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O BNG de Poio reclama a humanización da PO-308
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada