O PSOE esixe que a Xunta asuma a subida do custo de Sogama nos concellos de Pontevedra
Por Natalia Puga
O Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en Pontevedra esixe á Xunta de Galicia que asuma a subida do canon da empresa encargada da xestión de residuos sólidos urbanos en Galicia (Sogama) que se aplicará a partir do próximo 1 de xaneiro e que repercutirá no recibo a pagar os cidadáns.
O canon experimentará unha subida do 33,5%, de xeito que os concellos pasarán de pagar 55,91 euros máis IVE por cada tonelada de lixo xerado e derivada a 74,64 euros máis IVE. O secretario do PSdeG en Pontevedra, Santos Héctor, cualifica esta subida como "desproporcionada" e, ante a mesma, decidiron intentar tomar medidas para evitar o impacto no recibo dos pontevedreses.
Os socialistas presentaron unha moción para o seu debate no próximo pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na que esixen que lla propia Xunta de Galicia a que asuma este incremento, pois "non se pode estar xogando cos veciños e coa súa economía".
A moción propón que o Pleno da Deputación demande ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a urxente retirada da proposta de incremento do canon e que, xunto á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), cre e poña en marcha unha mesa de negociación que estude os custos reais do tratamento de residuos dos concellos.
A maiores, piden a todos os grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia que pidan á Xunta unha auditoría externa de Sogama e que o Goberno autonómico, si finalmente non retira a inciativa, asuma o incremento de 2013 de forma íntegra sen repercusión algunha nas transferencias aos concellos.
Santos Héctor considera esta subida unha iniciativa do Goberno estatal de Mariano Rajoy para "darlle máis cartos ás eléctricas a cambio de incrementarlle aos veciños os prezos do lixo" e cuestiona unha proposta que atribúe á Deputación de Pontevedra de que no caso dos concellos adheridos ao consorcio provincial de lixos lla propia institución provincial a que asuma o incremento do canon.
O número 1 dos socialistas critica que a Deputación comprométase a asumir ese incremento durante dous anos, "xusto ata as eleccións municipais" e pregúntase "de onde vai sacar os cartos para iso?".