O BNG de Cerdedo-Cotobade urxe a Cubela a cesión de terreos á Deputación para arranxar a estrada de Almofrei
Por Redacción
O portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, instou ao alcalde Jorge Cubela a que poña a disposición da Deputación os terreos necesarios para a reforma integral da estrada EP-0405 en Almofrei.
O nacionalista lembrou que en novembro de 2019 o pleno do Concello aprobou -coa abstención do PP- unha moción do BNG na que se instaba á Deputación de Pontevedra a acometer unha reforma integral da estrada dende o inicio, á altura da PO-233 até o seu final na igrexa parroquial, seguindo os criterios de mobilidade e seguranza viaria recollidos no Plan de Mobilidade Provincial, prestando especial atención á redución de curva, calmado de tráfico e seguranza viaria para peóns e ciclistas.
En xuño de 2021, a Deputación redactou un proxecto de preto dun millón de euros que daría solución aos problemas existentes nesa estrada, tal e como recoñeceu o propio alcalde, e para o que era necesario que o Concello puxese á disposición os terreos necesarios para executar a obra.
“A marzo de 2022, os terreos aínda non foron postos a disposición, polo que urximos ao alcalde a que os faga no menor prazo de tempo posíbel, porque canto máis se tarde máis se dilatará a reforma desta estrada, unha demanda histórica da veciñanza, absolutamente vital para a mellora da seguridade vial, para a vertebración do territorio e para a posta en valor das pozas do río Almofrei, un espazo de grande valor histórico e natural”, rematou Filgueira.
Relacionadas:
-
A Deputación agradece á veciñanza o apoio para o proxecto de humanización da estrada de Almofrei
Por Redacción |
-
A Deputación insta a Cubela a que entregue os terreos para iniciar as obras nas estradas de Almofrei e Quireza
Por Oskar Viéitez |
-
Gregorio Agís acusa a Cubela de "intentar tapar a súa incapacidade" para conseguir os terreos da estrada de Almofrei
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade aproba un orzamento municipal de 4,3 millóns
Por Oskar Viéitez |
-
Recollida de sinaturas de cesión dos terreos para a execución da obra na estrada de Almofrei
Por Redacción |
-
A Deputación redacta un proxecto dun millón de euros para humanizar a estrada de Almofrei
Por Redacción |
-
A estrada de Almofrei terá tres tramos de sendas peonís e dous con plataforma elevada
Por Redacción |