A subdelegada destaca que as declaracións de Estíbaliz Palma "no son compartidas por los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado"
Por Oskar Viéitez
O xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Juan José Díaz Jiménez, asumiu de maneira interina a posto vacante que deixa a excomisaria provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma, cesada o martes.
Palma Varona foi destituída do cargo despois de que se fixesen públicas unhas declaracións nunha comida de homenaxe a un antidisturbios en Vigo nas que a excomisaria dixo que "ya le gustaría a algunas que las violara un UIP".
Díaz Jiménez asumiu provisionalmente a xefatura do corpo Nacional de Policía, ao ser o comisario de máis rango na provincia, segundo informou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, que reiterou que as declaracións que provocaron o cesamento da comisaria provincial "no tienen ninguna justificación, ninguna explicación y que no se pueden tolerar, máxime tratándose de una servidora pública con un puesto de responsabilidad tan alto".
Maica Larriba lembrou que a comisaria provincial "tiene entre sus cometidos garantizar la seguridad de las mujeres".
Ademais, subliñou que son unhas declaracións "que no son compartidas por los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado" e tamén engadiu que "el Gobierno que yo represento en esta provincia ha actuado con rapidez y contundencia, como era de esperar, ordenando su cese inmediato".
Relacionadas:
-
Juan José Díaz Jiménez, novo comisario provincial da Policía Nacional
Por Natalia Puga |
-
Carmela Silva e Fernández Lores entenden que o cese de Estíbaliz Palma era "absolutamente obrigado"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O delegado do Goberno, sobre as declaracións da comisaria: "non hai nin escusas nin xustificación e é intolerable"
Por Natalia Puga |
-
A Policía cesa á comisaria provincial por dicir: "Ya les gustaría a algunas que las violara un UIP"
Por Natalia Puga | Creada e actualizada