A UNED solidarízase con Ucraína ofrecendo cursos de español para poboación refuxiada
Por Redacción
Rafael Cotelo Pazos será o coordinador da iniciativa solidaria co pobo ucraíno que pon en marcha o Centro Asociado da UNED en Pontevedra para que as persoas refuxiadas poidan aprender español. Será un curso que se desenvolverá en liña, en directo ou en diferido, entre o 19 de abril e o 8 de xullo.
Calquera persoa refuxiada que se atope nun punto de España poderá seguir o curso que realiza o Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais. O curso é gratuíto pero é preciso que as persoas interesadas se inscriban previamente a través da Uned-Pontevedra.
Terá horario matinal, de 10.00 a 12.00 horas cunha extensión de 46 horas lectivas.
SofiYa Lykhohray impartirá as sesións. Esta relatora é máster en profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato e Ensino de Idiomas e grao en linguas e literaturas modernas. O curso presentarase o martes 19 de abril polo director do Centro Asociado de Pontevedra e do Campus Noroeste da Uned, Víctor M. González Sánchez.
Para poñer en marcha a iniciativa, desde o centro universitario pontevedrés lograron a colaboración activa da Deputación de Pontevedra e da Fegamp, ademais dunha ONG que colabora directamente con esta poboación refuxiada.
Relacionadas:
-
Regresan no outono os cursos de extensión universitaria da UNED con máis de 150 opcións
Por Redacción |
-
Case tres mil refuxiados ucraínos aprenden castelán da man da UNED Pontevedra
Por Redacción |
-
3.920 euros para "axudar á xente de Ucraína con todo o noso corazón"
Por Raquel Currás Martínez |
-
As caravanas solidarias do deporte pontevedrés
Por Manu Otero |
-
Alertan da necesidade de pisos baleiros para albergar poboación ucraína
Por Redacción |
-
Nin a guerra en Ucraína leva o consenso ao pleno municipal de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |