Dez anos de cárcere por abusar sexualmente da súa curmá de oito anos
Por Redacción
A Audiencia de Pontevedra condenou a dez anos de prisión a un home que abusou sexualmente durante catro anos da súa curmá menor de idade.
Os abusos, segundo recolle a sentenza, producíronse de maneira continuada e comezaron cando a vítima tiña oito anos de idade.
As maxistradas consideran probado que o acusado se aproveitou da relación familiar que tiñan e de que lle levaba máis de 30 anos á menor para gañarse a súa confianza.
Este adoitaba pechar as portas das estancias nas que estaba coa nena, segundo recolle a sentenza, para masturbarse diante dela, pero a gravidade dos abusos foise incrementando ata chegar ao contacto físico coas partes íntimas da menor.
Estes episodios concluíron cando a nai do acusado sorprendeunos xuntos estando a vítima, que xa tiña once anos, semiespida.
Ademais da pena de cárcere, o tribunal obrígao a indemnizar con 20.000 euros á vítima e a manterse afastado dela, tanto do lugar onde resida como daquel que adoite frecuentar, durante doce anos.