Nova vítima mortal con covid na área sanitaria, que mantén o incremento de positivos con 114 casos máis
Por Redacción
Segue a subida de casos activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés con 114 casos máis de infeccións que na xornada do xoves. A Consellería de Sanidade notifica 2.510 positivos este venres 25 de marzo con 45 persoas ingresadas, unha menos que hai 24 horas.
33 pacientes atópanse ingresados no Hospital Montecelo, 9 no Hospital do Salnés e un no Hospital QuirónSalud. A eles hai que sumar dous enfermos que se manteñen na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, os mesmos que na xornada de onte.
Nas últimas horas, notificouse o falecemento dunha muller de 94 anos coa infección activa. Desta forma, ascende o número de decesos a 264 na área sanitaria desde o inicio da pandemia. Durante este período curáronse un total de 59.560 persoas, 131 máis que na xornada do xoves.
Realizáronse 225 probas PCR nas últimas 24 horas e rexistráronse 248 novos positivos, segundo os datos da xerencia.
DATOS EN GALICIA
Saúde Pública confirmou catro mortes máis de pacientes que estaban contaxiados por coronavirus en Galicia. Este dato eleva a 3.194 o número de falecementos rexistrado na comunidade desde que se recollen os datos de decesos coa enfermidade.
O número de casos activos tamén ascende en todas as áreas sanitarias de Galicia durante esta xornada, elevándose a cifra xeral a 23.680 positivos, que supón 1.031 casos máis que o xoves 24. Desta cifra, o número de persoas en planta de hospitalización mantense en 448, os mesmos que onte, e na UCI hai dous casos menos situándose o número en 21.
Por áreas sanitarias, os casos activos repártense así: A Coruña-Cee: 4.974 (+202); Vigo: 4.458 (+226); Santiago-O Barbanza: 3.904 (+157); Lugo: 2.817 (+91); Ourense: 2.682 (+139); Pontevedra-O Salnés: 2.510 (+114); Ferrol: 2.232 (+95); sen área sanitaria asignada: 103 (+7).
Nas últimas 24 horas detectáronse 2.169 positivos novos. Trátase de 388 contaxios diarios menos respecto a os rexistrados o xoves, pero 15 máis en relación aos notificados o venres da semana pasada.
Relacionadas:
-
Progresa o descenso de casos activos na área sanitaria cun lixeiro incremento en hospitalizacións con covid
Por Redacción |
-
Dúas mortes máis con covid-19 na área sanitaria de Pontevedra: dous homes de 91 e 86 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Estabilidade no número de casos activos na área: 2.532 pacientes con infección activa
Por Redacción |
-
O TSXG permite prorrogar ata o 9 de abril a esixencia do certificado covid en hospitais e residencias
Por Redacción |
-
Novo día con incremento de casos activos de covid-19: 259 positivos notificados e tres pacientes ingresados máis
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Dous pacientes menos no hospital e 238 positivos máis nun día, balance da pandemia na área sanitaria
Por Redacción |
-
Novo incremento de casos activos: 2.195 positivos na área con 216 contaxios nas últimas 24 horas
Por Redacción |