O Concello da Lama pecha as contas do 2021 cun remanente de tesourería de 594.163 euros
Por Redacción
O Pleno da Corporación Municipal do Concello da Lama aprobou por unanimidade as Contas Xerais do ano 2021 que recollen un remanente de tesourería para gastos xerais de 594.163 euros.
Isto permitiu habilitar 80.000 euros para atender os incrementos nas facturas relacionadas co consumo eléctrico e o combustible.
O orzamento municipal do pasado exercicio fue de 1.598.700 euros pero a execución superou os 3,4 millóns de euros.
A Corporación Municipal aprobou tamén unha proposta de regulamento interno sobre a aplicación do teletraballo para os funcionarios municipais que saiu adiante co apoio dos concelleiros presentes (PPdeG e Cs).
Ao respecto das mocións políticas, o Pleno aprobou a presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular relativa á petición á Deputación dun plan específico de apoio aos pequenos e medianos concellos ante o incremento do gasto corrente provocado polo prezo da enerxía eléctrica, do gas, do combustible e do subministro de todo tipo de materiais. A moción foi aprobada por unanimidade.
No capítulo de rogos e preguntas, o voceiro de Cs, Andrés Cal, pediu que o Concello volvera solicitar a presenza da Unidade Móbil de ITV para facilitar que os vehículos agrícolas poidan pasar esa inspección sen ter que se desprazar. O alcalde indicoulle que xa se tiña pedido en polo menos 3 ocasións, pero ao ter establecido un calendario itinerante que chega ata concellos limítrofes os responsables deste servizo son reacio a amplialo á Lama.
Cal tamén se interesou pola posiblidade de amosar a través das bandeiras a condena da guerra de Ucraína e un xeito de se solidarizar coas vítimas deste conflicto colocando as insignias a media asta. O alcalde quedou en consultar a normativa para ver si era posible atender a súa petición e desbotou, como sinalu inicialmente o edil de Cs a posibilidade de que lucira na fachada principal do Consistorio a bandeira de Ucraína.