A Deputación pon en marcha o corpo provincial de inspección de residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera, mantiveron este martes un encontro de traballo no salón de plenos do Pazo Provincial cos 22 concellos interesados na posta en marcha do corpo provincial de inspección de residuos do Plan Revitaliza para concretar fórmulas de colaboración, as competencias, implicacións e necesidades.
César Mosquera advertiu que coa nova normativa "abandónase definitivamente o 'buenismo' e supérase a fase de voluntariedade para pasar á fase de obrigatoriedade", ou dito doutro xeito, "sensibilización si, pero cuns obxectivos numéricos, cuantitativos, claros, ben definidos e de obrigado cumprimento".
A Deputación quere dar unha resposta coordinada diante o novo marco lexislativo sobre residuos que supón, en palabras de Mosquera, "unha auténtica revolución" que impón aos concellos "esixencias radicais" baixo ameaza de sanción. Isto obriga a ter un servizo municipal de control ademáis doutros requirimentos dos que ata o de agora os gobernos locais tampouco se tiñan que facer cargo.
Dado que os labores de control sobre os residuos municipais só poden desenvolverse por parte de persoas funcionarias de carreira ou por axentes da Policía Local, son moitos os concellos que detectaron posibles problemas para afrontar as novas esixencias.
A Deputación de Pontevedra "tende a man" aos concellos da provincia para que a través do Revitaliza vaian "polo camiño que marca a lei". Así, haberá novas liñas de axudas, darase asesoramento, e crearase este corpo de control e inspección.
Carmela Silva destacou que con esta reunión "adiantámonos á repercusión que poida ter a nova lexislación no mundo local", de modo que a Deputación de Pontevedra vai poñer ao dispor dos 22 concellos (con 234.896 habitantes) "non só un instrumento de apoio, senón tamén poder aproveitar todo o positivo desta transformación que se vai a dar na xestión de residuos". Pontevedra e Vigo dispoñerán de medios propios para esa tarefa.
Segundo engadiu César Mosquera, "hoxe tendemos a man aos concellos que poidan ter problemas para levalo a cabo" a través dunha fórmula de encomenda de xestión mediante convenio bilateral e baixo maioría absoluta do pleno. A Deputación achegará máis do 50% do custo do servizo.
Están adheridos á proposta de participar no novo corpo de inspección da Deputación os concellos da Lama, Barro, Poio, Meaño, Meis, Vilagarcía, Bueu, Cangas, Moaña, Valga, Baiona, Gondomar, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra, O Rosal, Tomiño, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Salceda e Silleda.
A proposta do goberno provincial consiste en que a Deputación creará un corpo de inspección que dará servizo aos concellos que estean interesados e fagan o encargo de xestión. Será un sistema parecido ao que nestes momentos os concellos fan coa recadación municipal, que derivan ao ORAL.
Ademais a Deputación oferta aos concellos liñas de axudas para a elaboración de novas normativas de residuos e tamén se ofrece a transmitir a información local sobre os residuos de cada concello á Xunta.
Os prazos para cumprir cos obxectivos de reciclaxe están vencidos xa, debido a que en xuño de 2020 era obrigado haber preparado para reciclar o 50% dos residuos, en 2025 esixirase reciclar o 55%, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais distan moito na realidade, xa que a provincia apenas chega ao 15%, Galicia está entre o 12 e o 13%, e o Estado alcanza o 15-16%.
Relacionadas:
-
Trece concellos deixan en mans da Deputación a inspección dos seus residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Doce concellos da provincia deixan en mans da Deputación a vixilancia, inspección e control dos seus residuos
Por Redacción |
-
A mancomunidade do Morrazo supera o reto de Ecoembes e incrementa a reciclaxe de plásticos
Por Redacción |
-
Dezaseis concellos da provincia participan na viaxe do Plan Revitaliza a Cataluña, País Vasco e Navarra
Por Redacción |
-
Os concellos do Plan Revitaliza están nas mellores condicións para cumprir coa nova Lei de Residuos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación aproba tres millóns de euros en axudas para 11 concellos
Por Oskar Viéitez |
-
O corpo de control da Deputación inspeccionará os residuos de 22 concellos da provincia
Por Redacción |
-
A Deputación axudará aos concellos a adaptar as súas ordenanzas e implantar taxas que graven a xeración de residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación habilitará axudas para que os concellos poidan adaptarse á nova Lei de Residuos
Por Oskar Viéitez |