Barro proxecta a mellora de Mane de Arriba
Por Redacción
O concello de Barro ten elaborado un proxecto para ampliar a pista central e mellorar a súa seguridade no lugar de Mane de Arriba. Esta actuación, que ten como obxectivo mellorar a seguridade e os accesos a ese núcleo consistirá na ampliación do ancho da vía, na construción de muros de contención e na canalización das augas pluviais.
Tamén se realizarán traballos de mellora e conservación no entorno da fonte e do lavadoiro do lugar, coa colocación dun empedrado perimetral e a renovación da cuberta.
Este proxecto conta cun orzamento de 77.309 euros, que se financiará con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra e nas vindeiras semanas comezará o proceso de licitación.
O Goberno municipal agradece a todas persoas titulares das parecelas afectadas polas obras a cesión dos terreos, xa que sen esas cesións sería imposible acometer actuacións deste tipo que melloren a seguridade colectiva e os accesos aos núcleos.