Jorge Cubela pide reunirse coa Deputación para axilizar a mellora da estrada Fondós-Bugarín
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, solicitou unha reunión cos responsables de infraestruturas da Deputación de Pontevedra para reclamarlles a mellora da estrada Fondós-Bugarín, na parroquia de Quireza.
Non é a primeira vez que Cubela fai esta demanda, que afecta a un tramo de apenas un quilómetro e que conta co apoio veciñal. A poboación recolleu firmas e amosou a súa disposición a colaborar coa cesión de terreos.
Tamén o Concello manifestou á Deputación a súa disposición para xestionar, se fora necesario, a cesión dalgún terreo co fin de que se poida executar canto antes esta obra.
Cubela participou nunha asemblea veciñal en Quireza e reiterou aos asistentes o "compromiso claro e firme" do Concello con esta estrada, xa comprometida coa Deputación cando gobernaba o Partido Popular.
O alcalde critica que "coa chegada do goberno bipartito á Deputación rachouse unilateralmente co consenso existente entre a institución provincial, o Concello e os veciños e cambiouse o proxecto inicial que contemplaba unha plataforma de 9 metros e substituíuna por outra de tan só 7, pese a que xa se contaba coas cesións dos terreos".
Agora hai acordo cos veciños para deixala en 7 metros e queren "que se execute canto antes".
Relacionadas:
-
Cubela recolle firmas de cesión de terreos para que a Deputación acometa "de inmediato" as obras en Fondós-Bugarín
Por Redacción |
-
A Deputación presenta á veciñanza o proxecto que acometerá da estrada de Quireza cando concello ceda os terreos
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade pide a Fomento unha subvención de 109.000 euros para renovar estradas
Por Redacción |
-
Melloran as cunetas de varios camiños na parroquia de Augasantas
Por Redacción |
-
Gregorio Agís acusa a Cubela de "intentar tapar a súa incapacidade" para conseguir os terreos da estrada de Almofrei
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Cubela anuncia a reforma dos parques infantís en Quireza e Vilarchán
Por Redacción |
-
Piden a mellora dun tramo perigoso dunha estrada provincial EP-7102 en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |