30.000 euros para promover a protección do espazo dunar da praia de Area de Secada
A Xunta de Galicia destinou 30.000 euros ao Fondo de Compensación Ambiental (FCA) co obxectivo de reforzar a protección do espazo dunar da praia de Area de Secada, situada no Concello da Illa de Arousa.
Mediante o valado e regulación de accesos en madeira preténdese favorecer a rexeneración e crecemento do espazo natural tras a deterioración causada pola pegada humana nos últimos anos. Esta obra é a continuación das accións de preservación do litoral que o pasado 2021 centráronse no bordo da zona do Furado. Nos últimos anos, o Concello beneficiouse de axudas por 539.000 euros dos distintos programas da Dirección Xeral de Administración Local.
A actuación foi visitada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde da Illa, Carlos Iglesias, durante a mañá deste martes 5. Os dirixentes destacaron a importancia da cooperación entre concellos para facilitar a defensa destes lugares de gran valor natural recoñecidos polas bandeiras azuis por cumprir unha serie de condicións ambientais, como a praia do Bao. Ademais, agárdase obter resultados a partir de Semana Santa, data de auxe turístico no municipio.
Así mesmo, Luis López tamén comunicou que a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo dedicará un orzamento de 11,3 millóns de euros á protección medioambiental e eficiencia dos servizos municipais no marco do programa de colaboración cos concellos. Campañas divulgativas, accións de eficiencia enerxética, adquisición de equipamentos eficientes, corrección de detrimentos ambientais e melloras de integración paisaxística son algunhas das actuacións que se levarán a cabo a partir destas axudas.
Relacionadas:
-
A Illa de Arousa protexe o espazo dunar da Praia de Barbafeita instalando un valado
Por Redacción |
-
Retiran máis de 10 toneladas de plantas invasoras das dunas da praia de Areas
Por Redacción |
-
Patrimonio informa favorablemente o proxecto básico para reformar os edificios históricos do Museo
Por Oskar Viéitez |
-
Salmóns do Lérez arriban en Groenlandia
Por Raquel Currás Martínez |