Luciano Varela ve "escasas posibilidades" de que prospere o recurso do Prestige
Por Oskar Viéitez
O maxistrado do Tribunal Supremo, Luciano Varela, ve "escasas posibilidades" de que prospere un recurso en casación pola sentenza do Prestige.
As reaccións contrarias á decisión da Audiencia Provincial da Coruña de absolver os tres acusados polo naufraxio do petroleiro teñen visos de traducirse nunha morea de recursos ante o Tribunal Supremo e na posterior apertura da vía da reclamación civil se non ven satisfeitas as súas demandas.
O maxistrado pontevedrés Luciano Varela evitou pronunciarse sobre este asunto ao ser abordado polos medios de comunicación minutos antes de dar unha conferencia en Pontevedra no marco dunhas Xornadas sobre dereito penal organizadas por Xuíces para a Democracia.
Preferiu non falar do tema "por prudencia" ante a posibilidade de que teña que asumir un posible recurso como maxistrado do Supremo, "otros hay ya que tienen una lista de epítetos y de descalificativos a mano para estas situaciones, no me voy a unir a eso", dixo.
Luciano Varela limitouse a sinalar que "por la jurisprudencia del Tribunal Constitucional y por la nuestra, las sentencias absolutorias, salvo para combatir defectos de forma y muy escasamente, en la cuestión de fondo el margen de recurso en el Tribunal Supremo es escaso", afirmou.