A senda costeira entre A Seca e Lourido será 'sendeiro azul'
Por Redacción
Poio poderá presumir por vez primeira dunha ruta polo municipio co galardón ambiental que o recoñece como 'sendeiro azul'. Este distintivo, similar ao das bandeiras azuis das praias, lucirá na senda litoral que vai desde A Seca ata Lourido.
Así llo comunicou ao alcalde o colectivo responsable deste selo de calidade, a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC). O de Poio será un dos oito paseos que se sumarán este ano a esta rede, que alcanzará os 86 sendeiros.
Luciano Sobral entende que este recoñecemento “supón un reclamo máis á hora de poñer en valor e dar visibilidade a un dos emprazamentos máis emblemáticos dos que dispoñemos", no que se pode divisar toda a ría, coa illa de Tambo como principal referente.
Este paseo circular ten unha extensión duns 10 quilómetros aproximadamente e que axuda a vertebrar o tránsito peonil entre o Parque da Memoria e o Parque de Costa Xiráldez, pasando polo paseo da Ostreira, o peirao de Campelo ou a área recreativa da Reiboa.
Este distintivo de calidade, que Poio pediu por primeira vez este ano, quedará izado na senda poiense ao longo da tempada estival.
Ao longo de todo o traxecto, o goberno municipal ten previsto habilitar paneis informativos, nos que os usuarios poden consultar datos e ver imaxes relacionadas coa contorna.
BANDEIRA AZUL PARA CABECEIRA
Con respecto ás praias, Poio volveu solicitar un ano máis a bandeira azul para a praia de Cabeceira, en Lourido.
Ademais, 14 das 15 praias do municipio poiense iniciarán a temporada estival coa calificación de excelente no que á calidade de auga se refire, logo de que a praia de Raxó o acadase o ano pasado por primeira vez desde hai un lustro.
A elas súmanse, xa plenamente consolidadas, Xiorto, Sinás, Fontemaior, Covelo, Area da Barca, Ouriceira, Chancelas, Chancelas Pequena, A Canteira, O Padrón, Campelo, Lourido e Cabeceira.
Relacionadas:
-
Poio suma o seu segundo sendeiro azul, a Variante Espiritual do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Pontevedra é a provincia con máis sendeiros azuis de España
Por Redacción |
-
Banda do Río, a novidade entre as 112 praias galegas con bandeira azul, 17 delas en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Valoran nuns cen mil euros o proxecto para mellorar a seguridade viaria e de servizos en Chancelas
Por Redacción |
-
O sector turístico cre necesario promocionar o Monte Castrove e as rutas de sendeirismo de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Besada e Agís impulsan ante Costas varios proxectos como a senda peonil entre Lourido e Pontevedra
Por Redacción |