Louzán: "Os que quixeron facer un xuízo político do Prestige perdérono e Galicia non saíu resarcida"
Por Redacción
O presidente da Deputación provincial, Rafael Louzán, indicou que en relación co a sentenza do xuízo do accidente do Prestige hai que diferenciar entre a parte política e a ambiental que sufriu Galicia.
Louzán sinalou que "os que quixeron facer un xuízo político do Prestige o perderon, non porque o dixeran os políticos, porque o dixeron os xuíces que é unha cuestión a ter en conta" e engadiu que "quen perdeu foi Galicia porque houbo costes moi importantes: económicos e medioambientais, dos que Galicia non saíu resarcida deste xuízo pero a Xustiza o que merece é todo o respeto".
Segundo indicou o presidente da Deputación provincial "foi un xuízo modelico coa contribución do Goberno de Galicia para poñer en marcha un macroproceso destas características. Foi impecable".