Ocupación dun 80% de media en Sanxenxo nunha Semana Santa "moi positiva" para o sector turístico
Por Redacción
O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) considera "moi positivo" o resultado obtido na primeira Semana Santa practicamente sen restricións que se celebra en Sanxenxo. Este organismo indica que se superaron as mellores previsións grazas a dous factores: as reservas de última hora e ao excelente tempo meteorolóxico rexistrado nas Rías Baixas durante os últimos días.
Como resultado destes factores, a ocupación media sitúase nun 80% no conxunto dos establecementos turísticos asociados ao CETS. No caso dos hoteis de catro estrelas esa ocupación ascende ao 87%, mentres que nos apartamentos turísticos alcanzan unha porcentaxe do 78%.
Alfonso Martínez, presidente do CETS, considera que estes resultados débense ao "traballo dos nosos profesionais" e á fidelidade dos visitantes e á imaxe de destino asociado á excelencia conseguida por Sanxenxo ao longo dos últimos anos como destino vacacional de referencia no norte de España.
Sanxenxo conta actualmente con máis de 9.000 prazas hostaleiras, situandose como un dos referentes de municipios turísticos na península. Martínez tamén destaca os bos resultados obtidos no sector da restauración, que puntuaron nun 4,5 sobre 5 o volume de gasto do viaxeiro durante a súa estancia en Sanxenxo.
O presidente do CETS recoñece que se notou que había ganas "de viaxar, de saír e, por suposto, de gozar dun destino como Sanxenxo". Agora, segundo asegura, o sector turístico mira con optimismo a tempada alta, na que se agarda poder realizar o traballo con total normalidade, aplicando sempre os protocolos e as normas que poidan establecerse polas autoridades.
Relacionadas:
-
O turismo na provincia bateu o récord esta Semana Santa superando os rexistros do 2019
Por Redacción |
-
Valoración positiva en Poio do 65% de ocupación hoteleira acadado na Semana Santa
Por Redacción |
-
Caldas de Reis rozou a plena ocupación na Semana Santa
Por Redacción |
-
Sanxenxo supera "amplamente" os datos turísticos da Semana Santa de 2019
Por Redacción |
-
Agárdase unha ocupación do 85% en vivendas turísticas durante esta Semana Santa
Por Redacción |
-
Estiman para Semana Santa unha ocupación media superior ao 60%, recuperando os niveis previos á pandemia
Por Oskar Viéitez |
-
O sector hostaleiro de Sanxenxo abrirá ao 80% esta Semana Santa agardando un bo nivel de ocupación
Por Oskar Viéitez |