99 pacientes con covid ingresados e un falecemento máis na área sanitaria
Por Redacción
Este martes 19 de abril, o Consello de Ministros aprobará a non obrigatoriedade do uso da máscara en interiores a partir deste mércores. Con todo, tanto en Galicia como na área sanitaria despois da Semana Santa atópanse en aumento os casos activos e as hospitalizacións de pacientes con covid-19.
Desta forma, a Consellería de Sanidade informa dun total de 99 persoas hospitalizadas nos distritos de Pontevedra e O Salnés: 85 pacientes atópanse ingresados no Hospital Montecelo, dez no Hospital do Salnés e dous no Hospital QuirónSalud de Pontevedra. A eles hai que sumar dúas persoas que se atopan na Unidade de Críticos do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Rexístrase o aumento nunha persoa hospitalizada respecto a os datos do luns.
En canto a casos activos, este martes notifícanse 1.458 positivos, 29 máis que os detectados na xornada do 18 de abril. Nas últimas 24 horas realizáronse 196 probas diagnósticas con 178 novos positivos.
Saúde Pública notificaba tamén o falecemento dunha muller con covid de 87 anos, con outras enfermidades previas. Trátase da vítima 275 desde o inicio da pandemia, tempo no que se curaron 63.559 pacientes, 149 máis que na xornada de onte.
ONCE FALECEMENTOS EN GALICIA
En canto aos datos en Galicia, a Consellería de Sanidade notifica 11 falecementos máis de persoas infectadas en Galicia, que elevan a cifra de mortes a 3.300 na comunidade.
O número de casos activos ascende en 98 persoas situándose en 12.972 positivos, con 747 pacientes hospitalizados, 21 máis que onte. A eles hai que sumar 19 ingresados nas Unidades de Críticos, tres máis que hai 24 horas.
Por áreas sanitarias, os casos activos repártense así: A Coruña-Cee: 2.539 (+76); Santiago-O Barbanza: 2.167 (+20); Vigo: 2.164 (-3); Lugo: 1.899 (+22); Ourense: 1.652 (+8); Pontevedra-O Salnés: 1.458 (+29); Ferrol: 1.084 (-53); e sen área sanitaria asignada: 9 (-1).
Nas últimas 24 horas detectáronse 1.427 novos positivos de coronavirus. Trátase de 221 contagios diarios máis respecto a os que detectaran o martes da Semana Santa.
Relacionadas:
-
Un cento de casos activos máis e unha muller falecida, balance covid deste xoves na área sanitaria
Por Redacción |
-
Descende a presión hospitalaria con 18 pacientes covid menos na área sanitaria
Por Redacción |
-
Adeus ás máscaras en interiores 700 días despois... aínda que con excepcións
Por Alejandro Espiño |
-
Notable aumento de ingresos covid durante os festivos na área sanitaria, que suma dúas mortes máis
Por Redacción |
-
A área sanitaria conta con 1.297 casos activos de coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Saúde Pública comunica dous novos falecementos de pacientes con covid na área sanitaria
Por Redacción |