Valoración positiva en Poio do 65% de ocupación hoteleira acadado na Semana Santa
Por Redacción
A Semana Santa finalizou en Poio cuns rexistros de ocupación que superaron as expectativas previstas inicialmente polos profesionais do sector. A tenente de alcalde e concelleira de Turismo, Silvia Díaz (Avante Poio), explica que as pernoitas rexistradas durante as datas festivas da pasada semana superaron o 65% de ocupación nos establecementos que estiveron operativos, cando as estimacións previas situábanse arredor do 60%.
A edil do Goberno local apunta que varios negocios acadaron o 100% de ocupación durante a fin de semana, mentres que outros tamén se situaron por riba do 80%. Díaz fai unha valoración positiva destas cifras e confía en que "sexan o preludio dunha tempada estival de gran actividade para o sector turístico, que segue a ser un dos motores económicos e de dinamización principais de Poio".
Este 65% de ocupación sitúase en cifras superiores ás acadadas noutros anos, como é o caso de 2018 ou 2016, nos que os índices estiveron nun 60%.
Por outra banda, os datos que manexa a Concellería de Turismo tamén constatan que a gran maioría de visitantes que recibiu Poio procedía doutras comunidades autónomas e de provincias galegas. Así o reflicten as visitas que recibiu a Oficina de Información Turística situada na antiga Escola do Campo de Combarro, na que se deu asesoramento a preto de 350 persoas. Ademais, medio cento de visitantes achegáronse ás dependencias da Casa Museo de Colón.
Relacionadas:
-
Nova web para que os turistas 'descubran' Poio
Por Oskar Viéitez |
-
A enogastronomía, principal liña estratéxica en Poio para atraer turismo fóra da tempada alta
Por Redacción |
-
O turismo na provincia bateu o récord esta Semana Santa superando os rexistros do 2019
Por Redacción |
-
Caldas de Reis rozou a plena ocupación na Semana Santa
Por Redacción |
-
Portugal, Arxentina e Alemaña, os países que máis visitantes trouxeron a Pontevedra en Semana Santa
Por María José Pita |
-
Sanxenxo supera "amplamente" os datos turísticos da Semana Santa de 2019
Por Redacción |
-
Ocupación dun 80% de media en Sanxenxo nunha Semana Santa "moi positiva" para o sector turístico
Por Redacción |