Unha xornada sobre solo pelviano avanzará na vindeira creación dunha unidade multidisciplinar en Montecelo
Por Redacción
O vindeiro sábado 23 de abril o hospital Montecelo celebrarase a terceira edición da Xornada de Solo Pelviano. Este evento, organizado pola unidade de uroloxía funcional e solo pelviano do servizo de Uroloxía, reunirá a máis de 100 profesionais de especialidades coma a Uroloxía, a Cirurxía, a Xinecoloxía, Matronas, así coma persoal de Enfermaría e de Fisioterapia e Rehabilitación.
Segundo sinala o organizador da Xornada o urólogo pontevedrés, Francisco Llovo Taboada "os máis de cen profesionais asistentes a este foro actualizarán os seus coñecementos sobre as principais patoloxías do solo pelviano, doenzas que afectan a unha porcentaxe de mulleres maiores de 40 anos e aos varóns sometidos a unha intervención radical de próstata, principalmente, aumentando a prevalencia coa idade".
O doutor Llovo engadiu que "estudar a globalidade destes pacientes, tamén dende a perspectiva da Atención Primaria, achegando nocións sobre as principais patoloxías do solo pelviano, así como acceder ás técnicas para o seu tratamento e recuperación, son só algúns dos obxectivos que guían o programa desta Xornada".
A celebración desta xornada tamén pretende aunar sinerxias entre os diversos especialistas para avanzar na vindeira posta en marcha dunha unidade multidisciplinar específica adicada ao solo pelviano na área sanitaria, cuxas prestacións asistenciais a converterán nun referente clínico e preventivo para a poboación da comarca.
INCREMENTO GRADUAL DAS CONSULTAS
Nos últimos anos, as consultas de solo pelviano nesta Área Sanitaria experimentaron un incremento gradual, pois rexistraron un aumento do 75% nas primeiras consultas ao respecto, mentres que as consultas sucesivas acadaron un 90%. Neste senso, mantívose a actividade asistencial durante toda a pandemia de COVID e o pasado ano 2021 a unidade de uroloxía funcional e solo pelviano do servizo de Uroloxía do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés prestou asistencia a máis de 300 pacientes aqueixados dalgunha patoloxía relacionada co solo pelviano.
Relacionadas:
-
Cen profesionais participarán na IV Xornada Foro Norte de solo pelviano en Montecelo
Por Redacción |
-
O persoal de limpieza do Provincial e Montecelo convoca unha folga a partir de 2 de maio
Por Manu Otero |
-
A estrutura do bloque cirúrxico e de urxencias do Gran Montecelo quedará rematada este mes
Por Redacción |
-
O robot cirúrxico Da Vinci opera por primeira vez en Montecelo un caso de cancro de colo
Por Redacción |
-
Montecelo organiza unha Xornada de Cirurxía Coloproctolóxica
Por Redacción |