Máis de 20 concellos queren integrarse nun sistema provincial de recollida e tratamento de lixo
Por Redacción
O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, mantivo unha reunión con representantes dos tres grupos provinciais co obxectivo de consensuar unha fórmula para poñer en marcha o servizo provincial de recollida de lixo.
Con esta proposta, segundo Louzán, quérese conseguir un "servizo máis eficiente, máis racional" co obxectivo de "separar máis e mellor para que os custes ambientais e económicos sexan moito menores para concellos e cidadáns".
O presidente provincial indicou que "partimos dunha descompensación, que é que ata agora a xestión do servizo de recollida de lixo se está a facer de 62 formas distintas", algo que dificulta a homologación xa que, segundo indicou Louzán, "hai familias que viven a distancia de metros e unhas pagan o dobre que os veciños por pertencer a concellos distintos".
En relación coas propostas dos outros grupos, antes da reunión, Louzán indicou que o PSOE "sempre estivo zancadilleando" o proxecto mentres que o BNG "non ten esa actitude e só quere introducir algún matiz".
Para poñer en marcha este proxecto, os presupostos de 2014 contarán cunha partida económica para favorecer a adhesión dos concellos a este servizo.
Louzán anunciou que os concellos xa poden adherirse ao convenio marco que xa conta con vinte municipios interesados en incorporarse a este servizo. Os técnicos da Deputación están a estudar o custo final da proposta e a repercusión que tería sobre as taxas de cada concello.
Unha das cuestións que se tratou na reunión centrouse na posibilidade de posta en valor de planta do Morrazo, que nestes momentos se encontra infrautilizada xa que foi concibido para o tratamento de todo o lixo orixinado na Mancomunidade pero nunca se empregou o sistema de elaboración de compost da fracción orgánica.
Segundo os técnicos sería necesario ampliar a planta en 30.000 metros cadrados para que poidan realizarse procesos de separación dos distintos residuos. Ademais, na reunión avanzouse nas propostas sobre compostaxe e xa se perfilou un concurso para adxudicar o proxecto piloto que permitirá establecer 1.300 composteros nos concellos que se somen ao servizo intermunicipal. O investimento roldaría os 140.000 euros. Tamén se estableceron contactos con distintas empresas para tratar os temas da construción e xestión dunha futura planta de compostaxe na provincia, pero atendendo a que o Plan de Xestión de Residuos de la Xunta xa ten prevista a creación dunha na zona sur de Galicia.
SISTEMA DE TRATAMENTO MECÁNICO-TÿRMICO
Os técnicos tamén estudan a aplicación dun novo sistema de tratamento mecánico-térmico. Trátase dun proceso tecnolóxico que se centrará en que os residuos recollidos se trasladarían a unha praia de descarga na que pasarían por un imán para extraer materiais férricos que serían tratados para obter un produto estable do que se obtería fibra orgánica, metais non férricos ou combustible derivado do residuo que se valorizaría enerxeticamente.
Relacionadas:
-
Tres empresas optan á xestión do servizo provincial de recollida e tratamento de lixo
Por Redacción |
-
A planta de compostaxe conta co apoio de veciños, comunidades de montes e asociacións ecoloxistas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Cada fogar pontevedrés podería aforrar 32 euros na factura de lixo se se duplicase a recollida selectiva
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE esixe que a Xunta asuma a subida do custo de Sogama nos concellos de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra propón unha planta provincial de compostaxe de 5,7 millóns
Por Oskar Viéitez |
-
Alcaldes socialistas rexeitan o Consorcio do lixo por "clientelar"
Por Anxo Lourido |