Cerdedo-Cotobade pide a Fomento unha subvención de 109.000 euros para renovar estradas
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade solicitará ao Ministerio de Fomento, a través dunha orde de axudas que acaba de publicar a Secretaría de Estado de Política Territorial, unha subvención duns 109.000 euros para o arranxo do firme da estrada A Coutada-Campodanta e Pé da Moa, na parroquia de Augasantas.
Este proxecto que presenta o Concello de Cerdedo-Cotobade vai especialmente destinado a esta liña de axudas que saca o Ministerio por danos en infraestruturas municipais e rede viaria provincial e insular xa que no vial da Coutada e Campodanta, e na zona coñecida como Pé da Moa existen varios cauces de auga que, sobre todo no inverno, desbórdanse, deteriorando o firme de forma considerable con fochancas e deformacións.
Para dar unha solución definitiva a estes problemas, o goberno local concurre a esta subvención cun proxecto para renovar o firme dos viais que aínda que se atopan pavimentados con aglomerado, hai tramos que están nun avanzado estado de deterioración, polo que se fai necesario acometer unha renovación completa da capa de rodadura.
Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela, “esta solicitude de subvención que facemos ao Goberno do Estado vai orientada a mellorar a vertebración interior do Concello no tocante a interconexión entre as parroquias de Augasantas, Valongo e Borela".
Relacionadas:
-
Mellorar o firme da estrada entre A Coutada e Campodanta en Aguasantas sairá por 90.800 euros
Por Redacción |
-
O Concello recupera o entorno da fonte Sobreira
Por Redacción |
-
Jorge Cubela pide reunirse coa Deputación para axilizar a mellora da estrada Fondós-Bugarín
Por Redacción |
-
Concesión de 117.000 euros da Xunta para mellora de pistas municipais
Por Redacción |