Pontevedra analiza os novos retos da Xustiza contra a violencia de xénero
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Pontevedra viviu este venres un anticipo aos actos conmemorativos do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller a través da primeira xornada sobre novos retos da Xustiza contra a violencia de xénero organizada polo sindicato CSI-F. Máis de 200 asistentes como público e unha ampla representación institucional puxeron de manifesto a preocupación dos profesionais do mundo xudicial na erradicación deste tipo delituoso.
A fiscal especializada en violencia de xénero da Fiscalía Provincial, Rosalina Carrera Cotado, foi unha das ponentes e, en declaracións aos medios previas ao comezo da xornada, sinalou que "la situación en Pontevedra es como en todas partes", non presenta ningunha problemática particular e, de feito, realizou o matiz de que "no está peor que en otros sitios, llevamos un tiempo sin víctimas mortales".
Rosalina Carrera; o seu antecesora no cargo e actual tenente fiscal, Carmen Novo; e o titular do Xulgado do Penal número 4 e novo xuíz decano de Pontevedra, Miguel Aramburu García-Pintos, protagonizaron a primeira mesa de debate da xornada e analizaron as actuacións xurídicas en materia de violencia de xénero e os retos de futuro.
Respecto diso, a fiscal especializada asegurou que na actualidade "la colaboración es total" entre as distintas institucións na loita contra a violencia de xénero e "está garantizada la protección que se pide hasta donde se puede dar y dentro de los casos que se considera necesaria la protección". No panorama actual, cre necesario analizar situacións como a violencia de xénero entre menores ou novos escenarios que conlleva o acceso ás novas tecnoloxías.
A presentación do acto correu a cargo do vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) Manuel Almenar, que valorou que "os xulgados especializados están funcionando moi ben", pero cre que é necesario un "compromiso" de todas as institucións implicadas na loita contra a violencia de xénero para a posta en marcha de órganos como estes en todos os partidos xudiciais e para que haxa "los medios necesarios para que las medidas sean efectivas".
Á hora de analizar os novos retos no ámbito xudicial, avanzou que tanto os xuíces como os fiscais están intentando que todos os casos que se poidan tramitar por xuízo rápido así se fagan coa finalidade de ter unha resposta no prazo máis breve, pois "no solamente anticipa un resultado final sino que favorece que las pruebas no terminen desapareciendo, que los hechos no se olviden y que el que tenga que declarar lo que vio lo haga sin estar sujeto a otro tipo de obstáculos como pudieron ser sugerencias o interferencias de terceros".
A portavoz de CSIF en materia de violencia de xénero, Carolina Rodríguez García, introduciu a xornada reivindicando a importancia da formación na loita contra este tipo de comportamentos e agradeceu a achega do sindicato en Pontevedra, pois o logo creado nesta delegación local utilizarase este ano na campaña do colectivo a nivel estatal con motivo do 25-N.
Relacionadas:
-
A titular do Xulgado do Social 1 de Pontevedra, nova xuíza decana da capital
Por Natalia Puga |
-
A fiscal de violencia sobre a muller de Pontevedra, nova responsable do cargo a nivel galego
Por Natalia Puga |
-
As mesas contra a violencia de xénero de 26 concellos intercambian boas prácticas
Por Redacción |
-
Pontevedra ten 306 vítimas de violencia de xénero con protección policial activa
Por Natalia Puga |