Aprobación unánime no Pleno de Marín dunha moción sobre o Villa de Pitanxo pedindo "baixar ao buque"
Por Diego Espiño
O Pleno de Corporación Municipal de Marín aprobou este xoves de forma unánime por todos os grupos políticos unha moción presentada polos familiares das 21 persoas falecidas no afundimento do pesqueiro Villa de Pitanxo en augas de Terranova, en Canadá, o pasado mes de febreiro.
O texto aprobado insta o Goberno a "que se cumpra o compromiso adquirido de baixar ao buque".
"Hai que sinalar que a escusa de non poder atopar os corpos ou a imposibilidade de acceder ao interior da nave non é obstáculo para acometer o descenso ata o barco afundido, e poder obter imaxes da situación e circunstancias nas que se atopa buque", defenderon os familiares asegurando que a decisión de non realizar a operación de baixada ao barco "xera vergoña e dor pola clara falta de respecto aos 21 falecidos".
"Ademais, a Fiscalía indicou a existencia de indicio de homicidio imprudente no afundimento do Villa de Pitanxo, cuestión pola cal, e agora máis que nunca, o visionado do estado do barco arroxaría datos para o bo discorrer da investigación e, consecuentemente, para o esclarecemento da verdade", sinala o texto da moción.
A petición das familias, apoiada pola corporación marinense, resúmese por tanto na "posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar o buque, descender ao mesmo e elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o estado do mesmo, así como recoñecer a súa contorna e zona exterior para verificar a localización dos corpos dos tripulantes desaparecidos".
Relacionadas:
-
O Goberno reitera que a súa negativa para baixar ao pecio do Villa de Pitanxo é unha "decisión técnica"
Por Oskar Viéitez |
-
As familias da tripulación piden reunirse coa embaixadora de Canadá en España
Por Natalia Puga |
-
Samuel Kwesi volve declarar ante a Garda Civil para puntualizar detalles e ratifica a súa versión
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Pontevedra, coas familias do Villa de Pitanxo: "Non hai obstáculos para descender ao barco"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As familias aseguran que a investigación "non estará completa" se hai probas do naufraxio "que siguen afundidas"
Por Alejandro Espiño |
-
As familias dos falecidos reiteran a súa confianza nos xuíces, "sexan da sede que sexan"
Por Natalia Puga |
-
Samuel Kwesi asegura que o patrón e o armador presionárono para apoiar a súa versión do naufraxio
Por Natalia Puga |
-
A Audiencia Nacional ve indicios de delito e envía a causa do Villa de Pitanxo a Marín
Por Natalia Puga |
-
VÍDEO.- Marín arroupa ás familias do Villa de Pitanxo: "O único que pedimos é busca, verdade e xustiza"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |