A Deputación aproba 1,6 millóns de euros en axudas destinadas a 9 concellos da provincia
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta este venres dos asuntos abordados pola Xunta de Goberno Provincial, "que como cada venres aprobamos recursos para os concellos", nesta ocasión foron 1,6 millóns de euros "que van permitir once novas axudas para nove concellos".
Concretamente, son 1,3 millóns do Plan Concellos para Baiona, Bueu, A Estrada, Fornelos, As Neves, Nigrán, Ponteareas, Rodeiro e Soutomaior. E outros 242.000 euros destinados á mellora da estrada provincial EP-9401 en Meis.
Ademais, aprobáronse convenios de colaboración con Pontevedra e Vigo. O concello da capital recibe unha axuda de 170.000 para realizar as actividades Pontesán, PonteCiencia e o foro GastroLab. Pola súa banda, a cidade olívica recibe 180.000 euros para O Marisquiño.
DEPOFOREST
Tamén na Xunta de Goberno a Deputación de Pontevedra aprobou un novo proxecto que se financiará con fondos europeos, trátase do programa formativo "DepoForest" para a xestión e aproveitamento de plantacións de piñeiros para a obtención de madeira e resina, "fomentando o 'emprego verde' no rural".
O orzamento deste proxecto é de 102.500 euros, financiado ao 90% pola Fundación Biodiversidade, unha fundación pública adscrita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Relacionadas:
-
O turismo na provincia bateu o récord esta Semana Santa superando os rexistros do 2019
Por Redacción |
-
Descúbreas presenta a súa segunda edición cun concerto exclusivo no Pazo Provincial
Por Redacción |
-
Serxio Balchada 'Satxa' fala dos marinenses que xogaron a súa vida no exército vasco durante a Guerra Civil
Por Redacción |