Anova pide ao Concello que se rebele ante o novo canon de Sogama
Por Redacción
Anova Pontevedra pide ao Concello que se rebele ante a suba plantexada para o ano 2014 no recibo das taxas de lixo de Sogama. Insta ao goberno local á búsqueda de solucións e alternativas ao que consideran un "novo ataque ás clases populares" e a artellar unha serie de medidas destinadas a acabar coa posición de dominio de Sogama a fin de evitar esta nova subida "completamente fora de lugar".
A agrupación política critica que Sogama "actúa como un verdadeiro monopolio apoiado pola Xunta de Galiza" plantexando unha suba de arredor dun 34% e que no actual contexto socioeconómico este incremento supón un paso máis no proceso de empobrecemento das clases medias e populares, así como un novo revés para o pequeño comercio.
Unha das medidas que propoñen ten que ver coa reducción e mesmo exención da taxa do lixo a determinadas persoas e colectivos. En concreto, que non se lle cobre ás familias con todos os seus membros desempregados, a persoas dependentes que vivan soas, a parados de longa duración ou a familias en risco de exclusión social ou con dificultades nas responsabilidades parentais, entre outras. A maiores, reclaman que se reduza o recibo en función da renda familiar e a persoas e empresas que realicen composta ou teñan implantado un sistema de xestión ambiental.
O voceiro de Anova, Daviz Carballal, engade que a agrupación tamén reclama que se busque como reducir o número de toneladas de lixo que se xeran na cidade. Parécelle "imprescindible" apostar pola reciclaxe e a compostaxe, así como dotar á cidade dun número suficiente de puntos limpos co fin de conseguir diminuir a factura que se paga a Sogama.
As medidas propostas complétanse co estudo de alternativas a medio prazo que permitan non ter que contratar os servizos de Sogama, a remunicipalización da recollida de lixo e medidas de aforro de gasto superfluo noutras partidas orzamentarias que poidan ser adicadas a impedir que o cidadán teña que soportar novas subas de taxas e impostos.
Relacionadas:
-
Pontevedra estuda sumarse á fronte de concellos que se uniron contra o 'tasazo' de Sogama
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE esixe que a Xunta asuma a subida do custo de Sogama nos concellos de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
O goberno local acusa os populares de "confundir os cidadáns" coa taxa do lixo
Por Redacción |
-
O PP critica a subida de taxas no Concello de Pontevedra, salvo a "necesaria" de Sogama
Por Redacción |