Carballedo reivindica a Educación Física cunha xornada lúdica na rúa
Por Redacción
O CEIP Plurilingüe de Carballedo celebrou por segundo ano consecutivo o Día da Educación Física na rúa, visibilizando a importancia da actividade deportiva na mellora da saúde.
Acompañados dos seus docentes, máis de 70 alumnos e alumnas de Infantil a sexto de Primaria saíron á Praza da Chan para practicar diferentes xogos e actividades deportivas.
Así, ao longo da mañá protagonizaron partidos de baloncesto, xogos tradicionais, xogos de pilla ou circuítos de equilibrio, entre outras tarefas.
Esta iniciativa provén dun proxecto a nivel nacional no que diversos docentes de Educación Física inscriben aos seus centros educativos e saen á rúa para practicala.
Os veciños de Carballedo sorprendéronse ao ver ao alumnado facer educación física ao aire libre e, en ocasións, ata animaron aos pequenos nas súas respectivas competicións.