A empresa Berca Group subministrará os 800 composteiros que Poio repartirá entre a veciñanza
Por Redacción
O Concello de Poio vén de completar o proceso de adxudicación para a obtención de 800 composteiros individuais con aireador, que serán repartidos entre os veciños que os soliciten.
O edil de Servizos Municipais, Julio Casás, sinala que esta xestión segue os pasos marcados polo goberno local á hora de apostar por fomentar o uso deste tipo de dispositivos, en aras do coidado do medio ambiente e para dar cumprimento ás normativas correspondentes, que a curto prazo "esixirán unha maior porcentaxe de restos reciclados".
Julio Casás explicou que será a empresa especializada Berca Group a encargada de subministrar os recipientes, logo de que se completara o proceso de licitación, no que presentaron ofertas seis firmas distintas.
Os recipientes iranse recibindo en lotes de 200 unidades. Os primeiros serán para a substitucións dos composteiros adquiridos hai anos. A veciñanza interesada en facer uso destes recipientes deberá poñerse en contacto co Concello de Poio, onde se elaborará unha lista de agarda para o seu reparto.
Relacionadas:
-
Poio terá que investir 77.000 euros para cumprir cos obxectivos da nova lei de residuos
Por Redacción |
-
Comeza a entrega dos novos composteiros individuais para a veciñanza de Poio
Por Redacción |
-
Aumenta a demanda de compost elaborado nos centros comunitarios de San Salvador
Por Redacción |
-
Poio pagará menos a Sogama
Por Redacción |
-
O composteiro de Ferreirós consolida su crecimiento no inicio do ano
Por Redacción |