Augas de Galicia avala o proxecto para liberar o río dos Gafos
Por Oskar Viéitez
O proxecto para destapar e renaturalizar o tramo urbano do río dos Gafos acaba de recibir un importante aval, ao confirmar Augas de Galicia a súa inclusión no Plan de Xestión de Risco de Inundación e, en consecuencia, no Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa para o ciclo 2021-2027.
A concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que dirixe Iván Puentes solicitou a inclusión das propostas para liberar o Gafos dentro do Programa de Medidas do devandito plan con obxecto de mitigar os efectos do cambio climático e en base a unha estratexia transformadora de crecemento sostible.
Iván Puentes amosouse moi satisfeito con esta contestación positiva por parte de Augas de Galicia "nun momento crucial para que este proxecto de renaturalización do treito urbano do Gafos se poida materializar".
Refírese o concelleiro socialista a que "estamos a piques" de poder lanzar o concurso internacional de ideas en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia e tamén agardan unha resposta en relación á subvención de dous millóns de euros solicitada á Fundación Biodiversidade (adscrita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico) para liberar e restaurar un primeiro treito soterrado que discorre entre a rúa Xeneral Rubín e a igrexa de San Xosé (Praza da Constitución).
O proxecto suporá a transformación urbana dun dos principais barrios do centro da cidade, ao destapar máis de 700 metros de río que levan soterrados durante uns 50 anos e creando un parque liñal de 81.000 metros cadrados, unha superficie que, como sinala o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, "equivale a unha superficie de 12 estadios de Pasarón".
Asemade, o edil lembra que o Concello de Pontevedra xa ten en fase de contratación o proxecto para recuperar o tramo do Gafos que discorre entre as rúas da Tablada e Rosalía de Castro, "que executaremos con cargo a unha achega económica de 600.000 euros financiada a través da Estratexia de Desenvolvemento Sostible e Integrado (Edusi) de Pontevedra".
Relacionadas:
-
Veciños da Rúa Tablada síntense "ninguneados" polo Concello e temen quedar sen gas
Por Alejandro Espiño |
-
As obras para liberar o río dos Gafos empezarán este ano
Por Redacción |
-
Europa pagará o 'destape' do Gafos, que terá xullo de 2025 como data límite
Por Manu Otero |
-
Substituirán os valos de obra da cuberta do Gafos por un valado provisional "máis estético e seguro"
Por Redacción |
-
Día da Auga, día para aparcar os libros e limpar a contorna do Gafos
Por Raquel Currás Martínez |
-
Os veciños de Campolongo piden o inicio da obra de descuberta do tramo urbano do Gafos neste mandato
Por Anxo Lourido |
-
Solicitan unha subvención de 2 millóns de euros para a apertura do treito urbano do Gafos
Por Redacción |