Os operarios municipais incrementan a limpeza nas praias de Poio
Por Redacción
Os operarios do Concello de Poio iniciaron esta semana os traballos de limpeza e mantemento en diferentes areais do municipio.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, informou que "a partires desta época do ano é cando podemos empezar a aumentar as frecuencias destes traballos", pois parte dos operarios contratados de xeito temporal a través do Plan Concellos ocúpanse, precisamente, deste tipo de actuacións.
O alcalde Sobral é consciente de que praias como Raxó, Xiorto, Chancelas, Cabeceira ou Lourido "empezan a ser a estas alturas puntos de encontro habituais para a veciñanza e atraen a moitos visitantes, especialmente durante as fins de semana". Deste xeito, procedeuse á retirada de restos cun vehículo especializado para tal fin.
Este verán, un ano máis, a praia de Cabeceira lucirá a bandeira azul, mentres que 14 das 15 praias do municipio iniciarán a tempada estival coa calificación de excelente nas súas augas.
A vindeira semana darase continuidade á actuación, en vista das boas predicións meteorolóxicas.
PASARELA DE LOURIDO
Por outra banda, o concelleiro de Obras e Servizos Municipais, Julio Casás, sinalou que nestes días tamén se está a renovar e arranxar as papeleiras na contorna de Lourido, unha actuación que se estende ao resto das parroquias, traballando en coordinación coa empresa adxudicataria da recollida do lixo, Valoriza.
Ademais, tamén vén de finalizar a reparación da pasarela de madeira colindante co areal de Lourido. Sobre este tema, o concelleiro socialista asegurou que "seguiremos realizando o mantemento necesario mentres non poidamos acometer unha actuación máis ambiciosa para a renovación integral deste espazo, que precisa dos permisos pertinentes de Costas e un investimento importante".
Relacionadas:
-
A xestión e prevención de residuos municipais, a estudo
Por Redacción |
-
Augas de Galicia limpa as canles de seis ríos de Poio
Por Redacción |
-
Marín inaugurará a tempada de verán cunha carreira a pé por todas as súas praias
Por Redacción |
-
Volve licitarse a subministración de dous módulos de aseos para as praias de Pragueira e Foxos
Por Redacción |
-
O Concello estudará a ampliación do paseo cara ás praias no tramo anexo á Escola Naval
Por Oskar Viéitez |