O 'maio troiteiro' polas parroquias arranca con éxito en A Roca
Por Redacción
Troitas fritidas ou en escabeche. Foi o que probaron os veciños da Roca na primeira das paradas do 'maio troiteiro' polas parroquias do rural de Ponte Caldelas.
O alcalde, Andrés Díaz, estivo compartindo as troitas cos veciños do lugar e con todos os veciños de Ponte Caldelas que se achegaron para acudir a esta primeira degustación polos pobos.
Logo da troitas, os veciños da Roca aportaron os seus postres caseiros, onde destacou unha torta de mazá que todos os asistentes alabaron polo seu bo sabor.
A Festa da Troita polos pobos terá hoxe a súa segunda parada en Taboadelo e mañá domingo chegará ata o lugar de Parada.
As citas da vindeira semana serán o martes en Forzáns, o mércores en Laxoso, o xoves en Buchabade, o venres en Vilarchán, sábado en Tourón e o domingo en Silvoso.
Relacionadas:
-
Máis de mil racións de troita, pan e viño repártense na última xornada da Festa da Troita polos Pobos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas, ás portas dunha Festa da Troita que encherá de actividade a vila
Por Redacción |
-
Chega á Alameda de Ponte Caldelas o primeiro Festival Troita Folk
Por Redacción |
-
A Roca estrea o percorrido do 'maio troiteiro' polos pobos de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Maio volverá a ser 'troiteiro' en Ponte Caldelas
Por Redacción |