Augas de Galicia limpa as canles de seis ríos de Poio
Por Redacción
Operarios de Augas de Galicia están executando estes días unha serie de traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de seis ríos do Concello de Poio.
Estase a mellorar, concretamente, distintos treitos interurbanos dos regos da Cancela, do Mouro, do Pereiro, do Esperón, do Covelo e de Frierira ou dos Muíños, que pasan por distintas parroquias do municipio.
Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude total de 4,6 quilómetros.
Os traballos céntranse na roza selectiva e a retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
A Xunta realiza estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Sur e nas súas zonas de acceso e protección.
Relacionadas:
-
Poio adxudica o servizo de limpeza en camiños municipais
Por Redacción |
-
Augas de Galicia remata os traballos de limpeza en dous ríos da parroquia de San Martiño de Bueu
Por Redacción |
-
O Concello de Poio sacará a concurso proximamente o novo contrato da auga
Por Oskar Viéitez |
-
Acometen traballos de limpeza no perímetro do encoro do Umia
Por Redacción |
-
Os operarios municipais incrementan a limpeza nas praias de Poio
Por Redacción |