Un falecido ao colisionar unha furgoneta cun poste en Vilagarcía
Por Natalia Puga
Unha persoa faleceu e outra resultou ferida de gravidade este domingo nun accidente de circulación rexistrado nunha estrada secundaria de Vilagarcía, na parroquia de Cea.
O sinistro produciuse pasadas as 12.30 horas e, segundo informou a Consellería de Presidencia, consistiu na saída de vía dun vehículo ocupado por dúas persoas.
O accidente produciuse na estrada que comunica O Pousadoiro co encoro de Castroagudín e consistiu na saída de vía dunha furgoneta que chocou contra un poste.
Os dous ocupantes resultaron ferido graves a causa do impacto e un deles acabou falecendo. O outro tivo que ser trasladado por unha ambulancia do 061 ao hospital.