A Brilat, ás portas xa da nova misión en Malí, onde se dará a substitución a si mesma
Por Natalia Puga
A Brigada Galicia VII, Brilat, xa conta os días para despregarse na súa próxima misión internacional. En dúas semanas poñerá rumbo a Malí e, nesta recta final antes da viaxe, xa celebraron o acto oficial de despedida.
A unidade ETUM Malí XX despregarase a mediados deste mes de maio e está constituída sobre a base do Grupo de Cabalería Santiago, pertencente ao Rexemento de Cabalería Farnesio 12, con sede en Santovenia de Pisuerga, en Valladolid. Por este motivo, esa despedida ocorreu nesa localidade castelán leonesa.
O acto celebrouse o pasado venres 29 de abril na base El Empecinado, en Santovenia de Pisuerga, coa presenza do xeneral da Brigada, Luís Cortés. Resultou o colofón a seis meses de preparación, nos que, entre os días 28 de marzo e 7 de abril, realizou o seu exercicio de integración e avaliación no campo de manobras e tiro de Renedo- Cabezón. Participaron case 600 militares e ao redor de cen vehículos nas súas diferentes versións, RG31, LMV-Lince e VAMATAC.
De Valladolid irán a Malí nesta ocasión 130 efectivos, pero o continxente total inclúe 600 militares españois. A ese centenar hai que sumar 350 doutras outras unidades da Brilat da base de Pontevedra e 125 de Infantería Mariña e doutras unidades do Exército de Terra.
Da Brilat tamén vai unha unidade tipo compañía do Batallón Zamora I/29 do Rexemento Isabel a Católica 29, que este ano celebra o seu 150 aniversario de creación; así como persoal do Grupo Loxístico, do Batallón de Cuartel Xeral e do Grupo de Artillería.
Este continxente que se despregará en Malí dentro da misión de carácter non-executivo que lidera a Unión Europea ten a particularidade de que será o primeiro da Brilat que dea a substitución a outros compañeiros da mesma Brigada. Así, cando cheguen ao país africano, substituirán a outro continxente liderado pola Brilat de Asturias, que volve á casa despois de estar alí desde novembro.
A misión céntrase en contribuír á mellora da capacidade operativa das Forzas Armadas malianos baixo o control das autoridades civís lexítimas de Malí e no apoio á estrutura G5 SAHEL, unha intervención española que se iniciou en 2013.
EUTM-Malí forma parte do enfoque integral da UE para a seguridade e o desenvolvemento no Sahel. España é o maior contribuínte de forzas e dispón da adecuada experiencia e capacidade neste tipo de misións. España é un dos países europeos que máis esforzo realiza nesta misión internacional en relación coa súa contribución en medios persoais e materiais en materia de defensa
Relacionadas:
-
A Brilat organiza unha exposición, un concerto, unha parada militar e o concurso patrullas
Por Oskar Viéitez |
-
Emoción na despedida aos militares da misión de Mali
Por Redacción |
-
Os primeiros 150 militares da Brilat embarcan este domingo rumbo a Malí
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Centos de persoas acompañan á Brilat no 150 aniversario do seu rexemento máis antigo
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A Brilat, "en plena tensión sempre", ten agora o foco en Malí e un posible despregamento da OTAN pola invasión rusa
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A Brilat ultima en Valladolid o seu próximo despregamento en Malí, onde se relevará a si mesma
Por Natalia Puga |