Día de estrea das xardineiras no casco urbano e os farois do Paseo da Calzada
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas anuncia que vén de colocar unhas vistosas xardineiras nos farois, con flores colgantes que lle dan vida aos puntos de luz repartidos polas diferentes rúas do casco urbano.
En total instaláronse 30 novas xardineiras galvanizadas en altura, distribuídas polas rúas de Ponte Caldelas cun diseño moderno e que axuda a crear un novo espazo.
Segundo informan desde o Concello, esta actuación enmárcase nun traballo continuo de posta a punto do casco urbano. Neste caso, apostouse pola colocación de equipamentos e mobiliario urbano que embelecen a vila para o desfrute de cidadáns e turistas e tamén como atractivo dinamizador das compras no casco urbano do municipio, que funciona como centro comercial de toda a comarca.
Ademais desta actuación, este martes 3 de maio tamén comunica o consistorio que quedaron instalados e funcionando os novos farois do Paseo da Calzada, que se atopaban deteriorados debido ás crecidas do río. Esta incidencia débese a que os puntos de iluminación están elaborados en madeira e polo tanto é habitual que, logo das crecidas do inverno, haxa que restauralos para que luzan adecuadamente.
Relacionadas:
-
Medio cento de caravanas 'invaden' A Calzada nunha xornada de convivencia
Por Redacción |
-
Completada a reparación da pasarela voladiza do Paseo da Calzada
Por Redacción |
-
O Concello renova a iluminación do centro de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas completa a renovación tecnolóxica da súa rede de iluminación pública
Por Redacción |