Detido no Grove con 18 gramos de cocaína e anotacións contables das súas vendas
Por Redacción
Un home de 49 anos, con antecedentes por tráfico de drogas, foi detido no Grove cando circulaba polo municipio con 18 gramos de cocaína, 1.500 euros en efectivo e varias anotacións das vendas realizadas.
Caeu nun control que a Garda Civil estaba a realizar este mércores á altura do Con, segundo informou o instituto armado.
Cando procedían a cachealo, o condutor entregou de maneira voluntaria un envoltorio que levaba oculto entre a súa roupa interior e que contiña 18 gramos de cocaína repartida en diferentes envoltorios disposta para a súa distribución e venda.
Tamén se lle interveu unha pequena cantidade de haxix, ademais de 1.500 euros en efectivo, xunto cunha folla de papel con anotacións contables das venda que realizara, onde figuraban as cantidades e os nomes dos compradores.
Foi detido por un presunto delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.
Tras as dilixencias instruídas no cuartel da Garda Civil do Grove, o home quedou en liberdade e deberá comparecer perante o xulgado de instrución de garda de Cambados cando sexa requirido pola autoridade xudicial.
Relacionadas:
-
Identificados tres individuos como autores dos roubos en igrexas de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Deteñen unha parella do Grove que levaba 415 gramos de cocaína escondidos na guanteira do coche
Por Redacción |
-
Detida unha muller de 59 anos por venda de drogas polo miúdo nunha vivenda do Grove
Por Redacción |