Máis de oitenta colectivos únense contra a "agresión" ao Verdugo e o Oitavén
Por Redacción
Máis de oitenta colectivos de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, A Lama e Soutomaior unirán as súas voces para manifestar o seu rexeitamento á construción dun encoro no río Oitavén e contra o trasvasamento de auga desde o río Verdugo, tal e como propón un estudio encargado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e polo que aposta o Concello de Vigo.
Trátase de máis de trinta comunidades de montes, catorce asociacións de veciños, doce comunidades de augas, dez asociacións culturais, cinco asociacións de mulleres rurais, cinco sociedades de caza e varios colectivos ecoloxistas que teñen a intención de constituírse en "ferramenta de loita e concienciación cidadá contra as agresión aos ríos Verdugo e Oitavén" a través dunha asemblea aberta que terá lugar este sábado 7 de maio, a partir das 17 horas, no Centro Sociocultural de Forzáns.
A asemblea aberta dotarase de elementos de autoorganización e comisións de traballo para opoñerse a esta proposta, desde a elaboración de estudios técnicos que avalen a imposibilidade de acometer o encoro e o trasvasamento así como a elaboración de informes xurídicos, actividades de concienciación veciñal, mobilizacións, accións de conservación da flora e da fauna, enre outras iniciativas.
Tamén está previsto que se refrende un manifesto que recolle en profundidade as consecuencias negativas que tería a implantación desta proposta para os ríos Verdugo e Oitavén e para toda a veciñanza da comarca e tamén se proporán "medidas paliativas" para unha mellor xestión da auga e a protección dos recursos hídricos e marisqueiros.
Relacionadas:
-
A Asociación de Mulleres Rurais 'A Azucreira de Portas' celebra as súas vodas de prata con dous anos de atraso
Por Redacción |
-
Medio centenar de voluntarios erradican especies invasoras a beiras do Oitavén
Por Redacción |
-
O bombeo do Verdugo é un "sinsentido", segundo a Xunta, que rexeita tamén a presa de Forzáns
Por Alejandro Espiño |
-
"Dilapidaron o crecemento dun pobo con só plantexar a construción dun encoro en Forzáns"
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas alza a súa voz en defensa dos seus ríos: "Nin trasvase, nin encoro"
Por Redacción |
-
Colectivos ecoloxistas súmanse ao rexeitamento á creación dun encoro no río Oitavén e o transvasamento no Verdugo
Por Redacción |
-
Andrés Díaz pide unha manifestación masiva para defender os ríos e os montes
Por Redacción |
-
O bombeo do Verdugo para abastecer a Vigo, segundo a Xunta, "nin é necesario nin achega solucións"
Por Redacción |
-
"Se non puideron con nós as tropas de Napoleón, tampouco o vai facer un encoro"
Por Redacción |