Activan un dispositivo de procura no Grove ante a posible desaparición dun mergullador
Por Redacción
Amplo dispositivo de procura o que se activou este xoves no Grove ante a posible desaparición dun afeccionado ao mergullo.
No operativo participaron ao longo da xornada efectivos da Garda Civil e a Policía Local desde terra xunto a embarcacións de Emerxencias do Grove, o Instituto Armado e Salvamento Marítimo, que tamén chegou a mobilizar un helicóptero.
A procura céntrase na zona do Carreiro, na parroquia de San Vicente, tras alertar os veciños da presenza dun vehículo no lugar desde o inicio da semana.
O coche en cuestión pertence a un veciño de Vilagarcía afeccionado ao mergullo e que adoita acudir a esta zona, ao que se estaría tratando de localizar por diferentes medios mentres se rastrexa o lugar.