Recuperan o cadáver do submarinista desaparecido no Grove
Por Redacción
Os servizos de emerxencias recuperaron este venres o cadáver do submarinista desaparecido no Grove. Trátase dun home de 44 anos, veciño de Vilagarcía.
No dispositivo de procura levado a cabo na zona do Carreiro participaron Salvamento Marítimo, Garda Civil, Policía Local e Emerxencias do Grove.
A vítima podería ter desaparecido o pasado luns nesa zona aínda que non foi ata onte xoves cando se iniciaron as tarefas de procura unha vez que se alertou da presenza dun vehículo estacionado nunha zona próxima ao xacemento de Adro Lanuxe desde o pasado luns.